?oxe a editorial Academia Postal presenta novos libros de texto en galego adicados a diferentes niveles da educación. Antonio Nogueira é un dos autores destos libros. -¿Qué novedade aportan estas obras ó panorama educativo? -Amplian a rede que xa empezamos en textos para persoas maiores de 25 anos, ciclos formativos e bacherelato Logse. Os campos ós que están adicados son a informática, a administración e as finanzas. -¿Canto traballo costa facer una obra destas características? -Moito, non se pode contar no tempo, porque un libro non é solo unha escritura, intentamos reflexar os valores fundamentais. O libro ten que ter unión entre tradición e renovación. Hai técnicas que axudan a ter unha visión integral, coa aplicación de novos aspectos técnicos, pero tamén hay que conservar a tradición humanística. -Os libros son parte fundamental na educación dos rapaces, e actualmente hai moitos que pensan que ese aspecto está moi degradado. -Penso que é unha opinión compartida por moitos de nos que o método de educación é valido sempre que existan contidos. Entendemos que un proceso de lectura é activo e requere esforzos. Se eso se fai o lector, neste caso o alumno, recibirá unha gratificación, o que ocurre e que actualmente se pensa que é maís fácil recibir, pero eso non é tan gratificante. -¿E cales son as repercusións desa situación? -Se deixan os contidos de lado, de ahí que nos queramos facer fincapé na interelación entre os contidos. -¿Necesítase moito tempo para facer este tipo de libros? -O que aparece nos libros é atemporal. Reflicten procesos de anos de experiencia. A vantaxe dun libro e que ten a capaciade de viaxar máis alá do tempo e do espacio, non ten límites de ningún tipo.