«Esta máscara e o traxe non se poden empregar como un disfraz»

Jesús M. García OURENSE

OURENSE

25 ene 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

Amador Díaz sabe ben que o Entroido en Xinzo non pode depender do Concello senón da xente. -¿Que é a pantalla? -O símbolo de Xinzo, un disfraz que hoxe está masificado pois podes chegar a ver tres mil no día grande. É algo especial. -Vostedes loitan por dala a coñecer a todos. -Fanse esforzos porque moita xente non sabe o que é. A asociación A Pantalla está facendo un grande labor de coñecemento nos colexios. -¿Como se luce? -Como símbolo que é, a pantalla non pode ir nunca descuberta pola rúa, non bate coas vexigas na xente e non se pode empregar o resto do día como un disfraz. -¿Cando sae? -O Domingo Corredoiro, o de Entroido, luns e martes. -¿Que ambiente se respira xa na vila? -Pois os forasteiros escomenzan a reservar hoteis e pisos de aluguer para poder vir a disfrutar desta festa de Interés Histórico Nacional.