Máis mulleres que homes dispostas a mergullarse na universidade do século XXI. Na sala de xuntas do edificio de Ferro do campus ourensán reuníronse cerca de corenta alumnos, con moitas ilusións. -¿Como acabou matriculándose nestas aulas de formación aberta? -Estou xubilada. Era profesora de primaria e cando me enterei desta historia pensei que podería integrarme nela. E aquí estou. -¿Qué foi o que a animou? -Está ben claro. Apunteime para non anquilosarme alá na Limia -vivo en Xinzo-, para reciclarme, coñecer a xente, saír, aprender... Sempre aprendendo, ata a morte. -¿Cales son as materias que maís lle chaman a atención, polo de agora? -Todavía estamos coas mans na masa, elixindo as optativas deste primer cuatrimestre. Pero antes de pór a cruceciña temos que informarnos sobre as asignaturas descoñecidas como Ciencia fácil, que non sabemos aínda de que vai.