Ovellas na perruquería

Jesús Manuel García ourense

OURENSE

PILI PROL

Allariz viviu onte unha demostración de esquilado de vinte exemplares por dous profesionais polacos A xornada incluiu degustación de cordeiro, queixo e bullotes

01 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Ben certo é que xa non estamos na época pero o de onte en Allariz foi unha demostración. Vinte ovellas lachas de O Rexo foron esquiladas por dous homes polacos, Ricardo e José, que pertenecen a un equipo de expertos en esquilado e que cada ano veñen a Galicia a facer o seu traballo cos trinta mil exemplares dos gandeiros da Asociación de Ovino e Caprino de Galicia. Semella algo raro, que non o é, pero os organizadores da Feira do Outono, que se inaugura esta mañá quixeron contar con esta demostración que deixa ós gandeiros contentos e ás ovellas tranquiliñas. Os actores da tarefa veñen de Polonia e sácanlle cartos a un traballo no que son verdadeiros artistas. Tempo Unha ovella cada dous minutos como moito. Usan unha maquiniña accionada por un motor eléctrico que colgaron no teito da carpa. Ás ovellas hainas que esquilar de maio a xullo. Pero o caso de onte foi excepcional. Os esquiladores ofreceron despois unha degustación de productos derivados da ovella: carne de cordeiro, queixo e, claro, nestas datas, un bo magosto. Víctor Otero, técnico da devandita asociación: «Esta demostración faise polo método australiano. En Galicia non temos esquiladores. O que fan os polacos non é nada que non poida facer outra persoa o que pasa é que é cuestión de rentabilidade económica. Esta xente ven tres meses, leva unha grande cantidade de cartos e compénsalles». Din os gandeiros que as ovellas, cando se ven todas iguais sen lá, comenzan a berrar porque seica non se recoñecen unhas a outras. Sexa o que fora, todas se deixaron esquilar onte. Sacabanas do seu espacio agarrandoas por unha pata traseira mentras o outro compañeiro as suxetaba polo pescozo e patas dianteiras pasándolle a maquina por todo o corpo nun abrir e pechar de ollos ante a mirada da xente. María Dolores Parejas, de Xinzo de Limia: «Viñemos a ver esto a pesares de que é algo normal para nós porque pertenecemos á asociación. Facémolo tódolos anos na casa e en canto a que veña xente de fóra a esquilar é porque nós non temos maña e tampouco gañas para facer este traballo. Na casa temos un rebaño composto por un total de 130 ovellas e son poucas. Estamonos entretendo nesta demostración que se está a facer en Allariz». José Antonio Meire, de Tioira (Maceda): «Eu teño un rebaño de setecentas ovellas e esto é maravilloso porque podemos traer as ovellas a rapar. Na asociación OVICA esta xente de Polonia nos rapa tódalas ovellas. En canto á lá que lle quitan ós animais, non merece a pena eu creo que se necesitan catro ovellas para a rapa dunha. A xente prefiere o sintético e é boa de engañar e de conformar. Non sei se non o entenden ou o fan por non gastar». Sindo González, de Cualedro : «É unha maravilla porque esta é unha limpeza tremenda. Eu teño noventa ovellas e levo unhos cantos anos esquilando con esta xente. É o diñeiro máis ben empregado. A lá non compensa, é nada máis por quitarllela ó animal. Nós somentes lle aproveitamos o cordeiro, non o leite. A lá non vale nada. Antes esqulaban unhos portugeuses que viñan cunhas tixeiras pero agora da gusto ver como traballa esta xente».