Mulleres galegas e portuguesas disfrutaron dun intercambio de experiencias en Verín e Monterrei Cooperativismo e política centraron as conversas das invitadas á xuntanza
19 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Primeira hora da mañá. Centos de mulleres chegaban ó castelo de Monterrei. No medio delas, o alcalde, José Luis Suárez deulles a benvida: «Eu viñen a darlles ánimos ás xentes rurais, coa boca chea, na súa laboura e enorgulléceme que se reúnan aquí para darlle a importancia que ten ó castelo». Concepción Blanco, presidenta da federación provincial: «Queremos intercambiar experiencias coas mulleres portuguesas, é un bo comenzo para aprender unhas doutras». Acabados os saúdos, as protagonistas dividíronse en grupos para visitar o monumento. Levaban de guías a varias mulleres da zona: «Antigamente...», era a expresión máis escoitada nas explicacións. «Mira que si un día lle da á duquesa de Alba por esto...», comentaba outra asociada cando lle falaban da multipropiedade do castelo. Vírono todo. As máis atrevidas e lixeiras de pernas subiron á torre. No pazo teñen unha exposición de traballos manuais feitos con esmero. Logo foron a Verín e no Bos Aires recibironas os alcaldes da zona e os responsables da Consellería da Muller menos a conselleira, que non foi. Juan Manuel Jiménez, alcalde de Verín: «Estas mulleres defenden o seu papel na sociedade». Joao Batista, alcalde de Chaves: «É básico que teñamos máis intercambio de realizacións, e que millor que escomenzar coa parte femenina». Otilia Domínguez, de Tamaguelos: «Esto está moi ben organizado. As portuguesas e nós somos irmáns, e nos trouxemos moitas cousas para expoñer aquí porque somos moi traballadoras. Viñemos unhas 35 do pobo». Lucinda Veloso, de Vilaverde da Raia: «É agradable chegar aquí tantas personas e ver de facer cousas para que a muller non fique esquecida. Nós estamos próximas ás veciñas de Feces de Abaixo, e temos os mesmos anceios». Josefa González, de O Carballiño: «A min tódalas xuntanzas que se fan me gustan. Eu levo unhos anos asociada. Merece a pena estar nestas actividades porque sempre son experiencias novas, hai cursos e cousas desas». Manuela Lima, de Chaves: «Estamos a aprender algunhas cousas, é a nosa primeira vez xuntas coas mulleres rurais galegas. En Tras-os -Montes a muller aínda está un pouco esquecida, hai que facer máis en favor dela».