A conselleira de Familia asistiu, por última vez como tal, á inauguración da festa do cómic Benito Losada agradeceu a aposta decidida que fixo Familia pola iniciativa ourensana
04 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.As Xornadas de Banda Deseñada de Ourense viviron onte unha xornada de inauguración especial. Manuela López Besteiro, a conselleira que lle diu apoio e pulo a este iniciativa nacida en Ourense, viña ás Xornadas por última vez como tal -renunciará en breve para ser candidata ás municipais por Lugo-. Benito Losada agradeceu o apoio prestado nestes anos á «Festa galega do cómic» e a aposta decidida por Ourense. López Besteiro agradeceu o recoñecemento e manifestou o compromiso da Xunta coas Xornadas «estea quen estea» porque a calidade e o interese das mesmas «fan que conten con ese apoio por ser un referente para Galicia e Portugal».