A«romaríadagaleguidade»

La Voz

OURENSE

A No acto de inauguración do obradoiro que imparten Antón Patiño e Menchu Lamas o presidente da Fundación Otero Pedrayo, Agustín Sixto Seco, expresou publicamente a súa satisfacción polo inicio das actividades do Centro de Estudios Oterianos. Para Sixto Seco «Don Ramón sería feliz vendo esto, como iniciaba a súa andaina o CEO» e como o pazo de Trasalba se ten convertido en centro de reunión para a arte e a cultura de Galicia. O presidente da Fundación Otero Pedrayo dixo que para el era un compromiso cumplir o encargo «de Don Ramón de poñer todo esto en marcha ó servicio do pais» e de convertir «Trasalba nun fito para a cultura de Galicia». Para Sixto Seco a xuntanza do último domingo de xuño, cando se entrega o Premio Trasalba, é por dereito propio «a romaría da galeguidade». Agora, coa posta en marcha do Centro de Estudios Oterianos, «rematan por completo as miñas ilusións. Agora hai que vir a Trasalba para consolidar a cultura de Galicia en lembranza de Don Ramón».