«O país da comedia» reventou a Mostra

OURENSE

SANTI M. AMIL

Máis de 1.100 espectadores acudiron ó auditorio do Castelo de Ribadavia para ver ós actores das series da TVG Nordesía adaptou o formato deste espectáculo á realidade galega

25 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A A Mostra viviu na noite de Santiago unha demostración, sin precedentes, da forza do poder mediático. A presencia de algúns dos actores das series «Mareas vivas» e «Pratos combinados» dinamitou as previsións da organización da MIT. Máis de 1.100 persoas conquistaron o auditorio do Castelo: 750 cadeiras ocupadas, os banzos das escaleiras invadidos e os pasillos ateigados de xente foi a resposta á presencia de actores como Ernesto Chao e Mabel Rivera -actriz que non pudo acudir a Ribadavia por estar convalecente dunha operación- de «Pratos combinados» ou Carlos Blanco e Santi Romay, de «Mareas vivas». Quico Cadaval completaba o reparto de «Un país de comedia», adaptación galega do formato de éxito internacional no que actrices e actores coñecidos expoñen, con humor e ironía, o seu xeito de ver o mundo ou historias e anécdotas -espacio que se fixo popular no Estado español en Canal Plus e Tele 5 baixo o título de «El club de la comedia», presentado polo actor do Grove Javier Veiga_. Invasión francesa A animación tamén estivo presente nas dúas últimas xornadas da MIT. O mércores foron os franceses de Vernisseurs os que encheron as rúas da vila de animación e sorpresas. Na xornada de onte correspondeulle o turno ó estadounidense Joey Joey e ós vascos de Mac Jeara's Band. A derradeira actuación da MIT 2002 no castelo protagonizouna Teatro Meridional, premio do público 2001, ca súa montaxe sobre «Miguel Hernández».