O Concello de Xinzo integrarase na Fundación Carlos Casares. Como non podía ser menos, hai que lembrar que a capital da Limia foi a primeira en movilizarse para calquera cousa que tivera que ver con manter o recordo e a lembranza do escritor, os grupos políticos presentes na corporación municipal apoian a integración do municipio na fundación que levará o nome do autor de «O sol do verán». A proposta foi presentada esta semana en comisión informativa e será ratificada no próximo pleno. O Concello de Xinzo de Limia entrará a formar parte desta fundación que apoian as máis salientables entidades e institucións de Galicia, desde a Xunta a Caixanova pasando por concellos como o de Ourense ou o de Vigo , e que integra no seu padroado á viúva, Kristina Berg , e os fillos do escritor, Hakan e Christian, así coma ós seus irmáns Xavier e Mercedes. A vila de Xinzo, que lle rendiu homenaxe recentemente, tamén ten previsto nomear a Carlos Casares fillo predilecto do municipio. O autor estaba vinculado familiarmente á Limia, donde pasou parte da súa infancia.