O mellor de Goya no Simeón

REDACCIÓN OURENSE

OURENSE

O martes pecha as súas portas a exposición que chegou a Ourense da man de Ibercaja A obra de Goya é un dos referentes artísticos da historia da pintura universal. Moitas das obras que integran as súas series teñen percorrido Galicia nestes últimos anos baixo o mecenazgo das entidades financieras galegas. Agora pódese ver unha ampla colección da obra de Goya nunha mostra que chegou ó Centro Cultural da Deputación de Ourense da man da obra social de Ibercaja. O día 19 será o de clausura desta exposición sobre o autor de series como Caprichos, Tauromaquia ou Disparates.

15 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Nas paredes do Edificio Simeón pódense contemplar -en toda a súa expresión contundente, sarcástica e demoledora- os gravados deste artista universal que non pudo ver a dimensión e repercusión que conseguiu a súa obra co paso dos séculos. A mostra que trouxo Ibercaja a Ourense co gallo da súa implantación na cidade inclúe tamén un Autorretrato de Goya realizado nos anos 1771/73. Un elemento este que serve de valor engadido á mostra de Ibercaja. Obras das series Caprichos, Tauromaquia, Desastres da Guerra, Disparates se Os touros de Bordeos compoñen a base desta exposición que se poderá ver ata o mércores na cidade de Ourense, no Centro Cultural da Deputación.