CRISTINA HUETE A ENTREVISTA Alexandre Sánchez Vidal, candidato do BNG a alcaldía de Ourense En apenas quince días, a asemblea local do BNG proporá a Alexandre Sánchez Vidal candidato á alcaldía de Ourense. O actual portavoz do grupo nacionalista no Concello da capital será o relevo do deputado autonómico Xosé Henrique Rodríguez Peña. En época de reestructuración, o BNG aposta por unha nova xeración -acaba de entrar na cuarentena- e un novo partido -pertenze a Esquerda Nacionalista- para superar o varapau das autonómicas. Vidal sintese con forzas e centra o obxectivo no actual rexidor, Manuel Cabezas: «Está tocado cun plan de urbanismo que nin lle acepta a sociedade nin o seu propio partido».
15 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Sánchez Vidal é un home tranquilo. Acaba de recibir a descarga política do alcalde da cidade, Manuel Cabezas, quen no último pleno do Concello adicoulle unha diatriba de case coarenta minutos. Vidal deixa pasar o envite e espera paciente a caída do rexidor e candidato rival do PP. -¿Percibe xa vostede a precampaña? -Percíbese. Ahí está a intervención do alcalde no último pleno: corenta minutos ininterrumpidos contra min, dun xeiro reiterativo e visceral que evidencias que está nervoso. O alcalde de Ourense chamoume no pleno «activista callejero», a xeito de insulto. -¿E o insultou? -Pois si por «activista callejero» enténdese que un está na defensa dos intereses públicos, prefiro, naturalmente, ser eso que un activista de despacho para a especulación. -¿Refírese o Plan Xeral de Ordenación Municipal? -Sí e tamén a outras cuestións, como a do contrato do lixo. Pero o alcalde ten no PXOM a súa cruz, a súa tumba política, como a tivo Manuel Pérez en Vigo. O PXOM é contestado por todo o mundo -incluído Cuíña- e só ten o respaldo do círculo interno de persoas que participan de forma cuasi clandestina con él nos despachos. -¿Quén é o seu rival nas municipais? -Cabezas, claro. Nós aspiramos a gañar as eleccións e será positivo que os votantes progresistas -incluídos os do PSOE- valoren dende hoxe que somos a alternativa porque aseguramos solidez orgánica e de programa.