Yayo, pinchadiscos ourensán que participa no certame
23 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.As Burgas conta cunha especial presencia de pinchadiscos. Hoxe están Dj Loomy & Dany T e Dj Toño e mañán farano Lord Keison, Geno e Yayo. Este último é un dos referentes ourensáns, vencellado a locais como o Star ou La Burbuja, e proximamente no Sangai, de nova apertura. -¿Que lle parece a iniciativa de crear un festival como As Burgas? -É unha cousa bastante boa. Ourense pode ter un festival alternativo e, no caso deste, conseguiuse traer a xente de prestixio. Ademáis de contar con bandas como Macaco ou Big Soul - que son moi bos e que, no caso de Big Soul, participarán despois no Festimad- a organización fixo un programa moi completo e os espectadores terán moitos estilos de música e ofertas moi diferentes. -¿E no caso da música dance? -É unha decisión moi acertada incluir esta proposta para que os participantes podan disfrutar de alternativas variadas. No caso dos pinchadiscos ven xente de gran prestixio. Loomy é un dos máis recoñecidos, un campeón que acumula premios. Toño é o mellor tecno do que se pode disfrutar. Geno e máis eu facemos outro estilo, música house -no meu caso máis hacia o baile-. -¿Diversión garantizada entón? -Seguro. A persoa que veña disfrutará dun festival de gran calidade.