MAR GIL A ENTREVISTA José Mayo, director provincial da Organización Nacional de Cegos
12 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Xa teñen demostrado moito, pero este mércores darán un paso máis no seu obxectivo de achegar á sociedade unha imaxe ben diferente da de persoas desvalidas e arrinconadas. -Están vostedes de estrea. -Este mércores, no Teatro Principal, actuará por primeira vez o grupo de teatro da ONCE, que está integrado por quince persoas cegas e semicegas e porá en escea a obra «Círculo vicioso», de Antonio Martínez Ballesteros, que foi adaptada para esta ocasión. -¿Como conectarán os invidentes co teatro, fundamentalmente visual? -Utilizamos o sistema audes, de audio descripción, o mesmo que para as películas de cine; é unha obra narrada na que unha persoa vai expresando en cada momento as accións da película. -Os cegos non renuncian nin siquera á imaxe. -Por suposto, os cegos apostan polo teatro e non renuncian á imaxe en ningún senso da palabra. Por un lado, a nosa xente é moi consumidora de cine e de Internet e, por outro, preocúpase da imaxe ata o punto que xa levamos celebrado tres cursos de protocolo porque á xente interésalle moito mellorar a súa imaxe. -¿Como naceu o grupo Muxicas Once? -O nome quere ser unha homenaxe ao afiador polo que representaron no aspecto socioeconómico nunha época determinada para a provincia. O grupo, que dirixe Matilde Vázquez, de Sarabela, ten antecedentes nun obradoiro que levaba tres anos funcionando. Tras esta experiencia queremos que o noso grupo participe en certames estatais e entrar no convenio da Deputación para actuar na provincia e mostrar o noso traballo.