«A primavera teno todo»

J.M. GARCÍA

OURENSE

Lois Antón Pérez, poeta dos nenos

09 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Lois Antón naceu en Ramirás, foi emigrante por Europa e agora vive en Celanova. Se lle coñece como o poeta dos nenos. A eles adica eses versos que escribe dende mozo. Os tempos da dictadura fixeron que por precaución tirara o que escribía, incluso noutros países. Pero agora xa non hai medo a niguén. Lois é un home sensible. -¿A que lle canta? -Ós nenos, que son o futuro. Nós temos unha responsabilidade. Eu non quería un futuro como o que eu vivín. -Amigos da Terra publicou varios dos seus poemas este Nadal como felicitación. Nun fala do embruxo da primavera. ¿Cal é? -A primavera na nosa terra teno todo. Ese embruxo é o que nota o neno da cidade cando ven á aldea, cando ve a natureza. -Ah, a maxia das aldeas. -Galicia sin as aldeas sería como o idioma sin diminutivo. -Seica súa nai influiulle na sensibilidade pola vida. -A ela debolle moito deso. Miña nai era sensible e iso herdei eu. -Sempre fala de futuro, está presente a todas horas. -Eu quixera que as vindeiras xeracións nos lembraran con ledicia e emoción, que non pensen que fumos uns malditos. Aquí estou eu co meu grauciño de area. -E a natureza sempre como exemplo. -Os paxaros como o pardal, por exemplo. E daste conta da grandeza e sabiduría da natureza. Pois gustame que os rapaces saiban o que é todo esto. -Algo ten para os rapaces ¿non si? -Quixera darlles estes poemas para eles, para que lles fixese máis ilusión e quixera que fose por medio de Educación e que non lle faltase un libro a un neno, pero paréceme demasiado.