«O ciclista está desprotexido»

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

ALBERTO CARNERO O CRONÓMETRO Xosé Luis Miguélez, «Pilis», ex-corredor amater e afeccionado

19 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

A eliminación do carril-bici na estrada C-536 pechará a polémica historia deste vial, pero tamén deixará á provincia sen servicios deste tipo. Xosé Luis Miguélez, Pilis, fala deste carril dende a súa experiencia de oito anos competindo sobre a bicicleta e, agora, como afeccionado. -¿Que problemas ves no carril-bici? -Varios. Deixa moi desprotegido ó ciclista, os petrís son moi pequenos para impedi-la invasión dos coches e vas en sentido contrario ós vehículos. Os accesos tamén son perigosos, está nunha costa moi pronunciada e, ademais, carece de mantemento, de xeito que chegaba un momento que as rodas pinchaban moito. -¿Onde podería estar un vial deste tipo? -Falando deste tema con outros afeccionados, se quixeran facer un carril-bici en Ourense a alternativa máis convinte sería a estrada dos Peares, pero separado da calzada por un ou dous metros. Poderíase facer unha cousa ben feita para que a xente disfrutara ata Os Peares facendo deporte ou simplemente paseando. -A xente, ¿tenlle medo á estrada? -As estradas xerais son un pouco perigosas porque en realidade os conductores non se dan de conta de que o ciclista está moi desprotexido. Un dos asuntos que inclúe a nova lei de tráfico é que os ciclistas poden circular en paralelo, para ser máis visibles. -¿Por que non hai unha demanda forte da xente? -O Club Ciclista Ourensán tentou que lles deixaran na fin de semana o entorno do campus novo para que a xente puidese andar en bicicleta, sobre todo os rapaces, pero non se conseguiu. Estaría ben que cerquiña da cidade houbera un circuito onde os coches non tivesen acceso.