«Aquí estamos vinte persoas»

La Voz

OURENSE

JESÚS MANUEL GARCÍA O CRONÓMETRO Elisa Conde Rodríguez, presidenta da Cooperativa Textil de Ambía

17 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Teñen o obradoiro ubicado nos baixos do polideportivo da vila. Aproveitamento pois de espacio. Son todas veciñas de Xunqueira de Ambía e arredores e adícanse a facer pantalóns de señora nestes intres. «A cadena está montada, en principio, para pantalón», dí Elisa Conde, presidenta desta cooperativa. estamos nunha das iniciativas pormovidas no concello para fometa-lo emprego local. -¿Onde vai esta producción? -Sempre para marcas determinadas. Traballamos para casas como Zara, Massimo Duti. En principio todo pantalon que entra aquí faino para unha marca determinada, xa levan a etiqueta para fabricalos a xeito deles. -¿Cal é a producción diaria que teñen? -Dependendo do modelo. Agora estamos facendo un pantalón de señora cun cinturón moi ancho. Deste saen douscentos como moito nun día. Se son modelos sinxelos podemos facer catrocentos nun día. -¿Con cantas persoas traballan vostedes? -Aquí estamos vinte cooperativistas. Podíamos traballar ata corenta. -¿Como reciben a mercancía? -Xa ven cortada, aquí montámola e cosemola. -¿Hai algún proxecto de facer algo máis? -Depende da maquinaria. A que temos aquí está axeitada para estas prendas. Case nos interesa máis adicarnos ós pantalóns. -¿Cantos anos levan funcionando? -Dous e pouqiño, imos camiño dos tres. -E compensa, claro. -A xente é toda é de aquí e mira o que se aforra en desplazamentos. Traballar aquí é un pasiño para nós.