«Funcionamos como partido»

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

VICTORIA MOURENZA O CRONÓMETRO José Antonio Feijóo, novo alcalde de Xinzo de Limia

03 oct 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

O novo alcalde de Xinzo, José Antonio Feijoo Alonso, asegura que vai «pedir a colaboración de todos, veciños, institucións e oposición e apoiandome nos meus compañeiros», en referencia ós concelleiros de PSOE e BNG. Tal e como estaba escrito no pacto de goberno de xullo do 1999, o edil coaga asume a presidencia del Concello e ten previsto seguir coas mesmas áreas. -¿Cal será o plantexamento durante o que queda de lexislatura? -A miña filosofía como persoa moderada e de centro é recabar a axuda de todos para seguir unha liña positiva, de estar dedicados ós problemas diarios dos cidadáns. -¿Que proxectos terán prioridade durante o seu mandato? -Vimos traballando hai anos no plan de urbanismo e xa nas últimas sesións iamolo aprobar. En próximas datas darémoslle o remate definitivo porque é algo moi necesario para a nosa vila. Ademáis de estar a disposición dos veciños, non renunciarei a xestionar grandes obras, como un pavillón multiusos ou un auditorio. -¿Cando asumirá a dedicación exclusiva? -De aquí hasta finais de ano penso organizarme laboralmente, mentras tanto seguirá Gonzalo Iglesias tendo a dedicación. -Quédalle pouco tempo para o Concello. -Tratarei de compensar a miña problemática e sacarei tempo de onde sexa. Teño as tardes libres, desde que saio do banco, e tamén os fins de semana. Non haberá problema dada a armonía que temos. -¿Que valoración fai do goberno tripartito? -Na realidade funcionamos como partido único porque estamos todos inmersos no mesmo barco.