VICTORIA MOURENZA O CRONÓMETRO Blanca López, coordinadora do salón do automóbil de Verín
12 sep 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Blanca López Mascareñas é a coordinadora da exposición do automóbil e da primeira concentración tunning-car audio ou coches preparados que se celebra en Verín durante o fin de semana. Ademáis do salón do automóvil, ubicado no patio do colexo Princesa de España, o visitante poderá ver no interior do pavillón de A Granxa «os stands de accesorios, música, repostos», ademáis dunha exposición de coches de competición -quince marcas-. As previsión apuntan que o número de visitanes podería superar os 10.000. -¿Cómo naceu esta iniciativa? -A raíz da feira do Lázaro. A xente non está dacordo en facela variada, senón que queren facelo pola súa propia conta e desde hai catro meses estou traballando nesto. -¿Con que obxecto se fai esta mostra de coches? -Para darlle un pouco de vida a Verín, facer un fin de semana vistoso e, por suposto, para vender. -Na concentración de «tunning-car» ¿Qué se vai poder ver? -Haberá coches moi chamativos e ben preparados de tódalas partes de España tanto exterior como interiormente. En música van vir moi preparados. Vai haber 150 coches de tódalas partes de España e Portugal. Cada un ten o coche preparado á súa maneira e moitas veces non se recoñece qué marca é. Invirten moitísimo diñeiro, en concreto nesta concentración teremos coches nos que se gastaron dous millóns de pesetas. -¿Existe moita afeción? -Aquí en Verín penso que non se coñecía moito o tema. No resto de España e, sobre todo, en Portugal sí se preparan moito os coches. Esto será un incentivo en tódolos aspectos porque vén xente de Barcelona, Madrid, Zaragoza.