«A demanda debe cambiar»

La Voz

OURENSE

MOURENZA

VICTORIA MOURENZA O CRONÓMETRO Juan Antonio Estévez, impulsor da agricultura ecolóxica en Monterrei

21 ago 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Juan Antonio Estévez é ecoconsexiero e a persoa que coordinou un curso de agricultura ecolóxica. Na comarca de Monterrei xa se están vendo os primeros resultados porque xa hai agricultores que están «empezando a facer as primeiras plantacións de forma experimental». Estévez comenta que «a xente dase conta que sen química pódese producir perfectamente, como se fixo hasta hai pouco tempo». -¿Existe interés en facer produccións ecolóxicas? -Hai interés, pero non hai agricultores. No curso participou xente que traballa na agricultura a tempo parcial ou para autoconsumo. Para conseguir que a agricultura ecolóxica arranque de forma comercial é difícil porque o mercado demanda tomates grandes, lisos e sen picadelas, por exemplo, e para eso hai que darlle química. A demanda debe cambiar. -¿Hacia onde camiña a agricultura do futuro? -O futuro pasa por unha agricultura que respete o medio ambiente. Os datos en Francia indican un aumento do 17% en agricultura ecolóxica. O mesmo ocurre no resto dos países do norte. O que pasa é que sempre vai ser minoritaria porque a rede comercial está mal montada e os productos son máis caros. -¿Qué posibilidades habería no val de Monterrei? -Se se consiguen dez agricultores ecolóxicos, habería moitas posibilidades de levar os productos a sitios como Madrid, Barcelona e incluso Alemania. -¿Con qué cultivos traballades? -O fundamental é recuperar as especies antiguas, como as xudías brancas, que plantadas de forma ecolóxica non collen enfermedades. Tamén estamos facendo experimentos con millo da terra.