Villaverde presenta o estudio sobre a emigración a México

X.M.R. OURENSE

OURENSE

O acto está promovido polo Centro de Estudios Manuel Chamoso Lamas O historiador Elixio Villaverde García (O Irixo, 1954) presenta hoxe en O Carballiño o seu estudio sobre a emigración galega en México. O libro «Pioneiros na corrente do Golfo. A primeira emigración galega a México (1.837-1936)» resume a tese de Villaverde.

31 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

O acto de presentación comezará ás oito do serán na Casa da Cultura do Carballiño e está organizado polo Centro de Estudios Chamoso Lamas. No seu libro Villaverde analiza o fenómeno migratorio a México desde o século XIX, aportando importantes datos e informacións para o estudio da emigración galega. Os pioneiros -ata 1914 predominaban os procedentes de Betanzos, Viveiro, Ares, Ferrol ou do interior de Lugo- a «invasión» ourensana das terras montañosas limítrofes con Pontevedra (Avión, Beariz, Boborás e A Lama) e das bocarribeiras do Miño e o Sil (Esgos e Nogueira) son aspectos recollidos polo investigador ó longo dos oito anos de investigación. O fenómeno das «cadeas migratorias» ou a reemigración entre Cuba e México son outros aspectos estudiados. Para o historiador Raúl Sotelo o libro é unha «obra de referencia obrigada» para os estudiosos da emigración galega.