«Esperamo-la vacina dos coellos»

La Voz

OURENSE

XABIER NOVO

JESÚS MANUEL GARCÍA O CRONÓMETRO José Luis Dopazo González, coordinador de Expocan

30 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

En Luintra xa todo está artellado para que do 24 ó 26 de agosto se celebre a séptima edición de Expocan. José Luis Dopazo é o coordinador dun evento que esixe «bastante responsabilidade» nunha terra na que sempre houbo moita afición pola caza. -Seica é Luintra un lugar pioneiro en cousas da caza. -En caza maior, porque dende fai uns trinta anos xa había moitos todoterrenos, emisoras e todos os adiantos para ir ó monte. Según rumores dise que fai vinte anos xa houbo quen gastou en Luintra 400.000 pesetas nun can. -¿Que costa un cadelo hoxe? -Hai variedade de precios, dende o paisano que vende o cachorro por dez mil pesetas ate as 300.000 pesetas ou máis. Non hai precio fixo. -¿Que teñen en Expocan para este ano? -Queremos garda-la liña do 2000, teremos carreiras de galgos, a caza do zorro que o ano pasado fallounos; probas de cetrería e carreiras de Huskies nocturnas. Nesta ocasión a novidade será a exposición de armas de fogo. Temos tamén algunha sorpresa. -¿Que diferencia a Expocan doutras mostras? -É única en Galicia porque as outras centranse na compra-venda de cans. Nós temos outras actividades. -¿Terán conferencias? -Queriamos que viñera o presidente da Federación Española de Caza, señor Andrade, pero polo de agora non o sabemos porque está fóra. -¿Que lles preocupa ós cazadores? -Pois que esperamos dende a federación española o proxecto da vacina dos coellos pero non hai disposición política para sacala. Nas probas deu bon resultado. A vacina cubre as dúas enfermedades, a misomatose e a vírica.