XOSÉ MANOEL RODRÍGUEZO CRONÓMETRORamón Suárez, conductor de «El programa gallego» de Buenos Aires A emigración en Arxentina constitúe unha comunidade emblemática de referencia para Galicia. Bos Aires conta cunha ampla oferta de actividades culturais e sociais para os galegos e os seus descendentes.
03 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Entre esta oferta figura El programa gallego, que se emite desde hai tres anos en Radio del Centro e que conduce Ramón Suárez. Con 43 anos de emigración ás costas -foise a Bos Aires con 10 anos- Suárez, O Muxo, pasa estes días unhas vacacións en Arbor, no municipio de Piñor de Cea. -¿Que perfil ten a xente que escoita o programa? -Aínda que a nosa emisión está adicada á nosa colectividade e ós seus descendentes a nosa sopresa é que, posiblemente, sexan máis os ouvintes arxentinos que galegos. Eso sí, sempre fillos ou netos de galegos. -¿Cales son as inquietudes dos emigrantes?. -A situación non é boa e o que máis preocupa ós galegos son as axudas que podan recibir de Galicia porque as condicións son moi precarias. -¿A imaxe dos galegos non é precisamente moi boa nestas datas en Arxentina? -Hai un brote de xenofobia contra os galegos. Nós fixemos un editorial rexeitando este ataque contra nós. Xa se sabe que alá todo é «galego» -Aznar, a Sepi, etc-. Os galegos fomos alá a traballar, por Arxentina e por Galicia, e os galegos fixeron escolas, fábricas, etc. Os verdadeiros galegos estamos doidos. -Tamén está de «moda» o voto emigrante. -As cousas non se fan ben. Lévanse os votos ás sedes dos partidos ou dánselle ós amigos, co cal é un voto «cantado». Non é un sistema bó, debería ser con furnas nas oficinas do Consulado ou a Embaixada.