Un brindis pola risa e a alegría

J.M.G. OURENSE

OURENSE

XABIER NOVO / MIGUEL VILLAR

Xosé Manuel Piñeiro abriu as festas con Doña Hermitas, poñéndolle dulzura á noite os veteranos de La Vieja Trova Santiaguera

09 jun 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

A Praza Maior estaba chea. Había espectáculo doble: por unha banda, o pregón con Xosé Manuel Piñeiro, pola outra, La Vieja Trova Santiaguera. Chea estaba a praza para pasar un rato alegre co Piñeiro: «Non hai nada co que disfrute máis que cos éxitos dos meus veciños» dixo referíndose a Mutenrohi, a Fasero, Camerata Meiga, HDC ou a Arco da Vella. Piñeiro recordou os tempos de mocidade cando viña ás festas da cidade no autobús dende Allariz. «Ourense celebra as súas Festas do Corpus e eso son palabras maiores desde tempos ben lonxanos». De súpeto, nun coche da policía chegou Doña Hermitas, elegantemente vestida e coa gracia de seu que a caracteriza. Alá botaron unha boa parolada recordando vellos tempos de Ourense. Lembrou o pregoeiro cando viñeron por primeira vez as mayorettes á Batalla de Flores: «O primeiro ano da chegada das damas do sombreiro e o bastón ás rúas de Ourense provocou máis dunha subida perigosa de temperatura corporal que nada tiña que ver co sol de xustiza que soe facer ese sábado de xuño». Xosé Manuel Piñeiro non se esqueceu das xentes do teatro nunha cidade «que sempre amou o teatro nas súas diferentes manifestacións». «Gústame cando a lembro solidaria e combativa contra a celulosa ou por un campus digno; e gústame cando a vexo fervorosa, acompañando desde O Couto ata a catedral á Virxe de Fátima», suliñou o presentador da TVG. Houbo alusións para a música e a poesía. Doña Hermitas e Barreira. Ambolos dous e Piñeiro remataron o pregón cunha chea de bombas. despois, subiron ó escenario os aires de Cuba, La Vieja Trova Santiaguera, que animaron a primeira noite de festa no centro da cidade. E nos Remedios facían outro tanto Los Secretos. Ourense arde en troula.