Un recordo do século XIV

La Voz

OURENSE

Xabier Feijóo, da comisión de finanzas, foi quen amosou este programa de novidades no primeiro paso de achegamento da nova edición da festa ós veciños. O Boi naceu no século XIV naquel Allariz medieval, vila rica en historia e en arte, na que non faltaban os artesáns que se organizaban en gremios. Estas agrupacións de xente participaban no acontecemento da procesión do Corpus vestidos coas mellores galas e acompañados polo seu grupo musical. Froito daquel pasado os alaricanos quixeron manter viva esta tradición convertindo a devandita festa nunha das máis senlleiras de Galicia, que reúne nas súas rúas a centos de veciños e forasteiros chegados de tódolos rincóns da comunidade e do resto de España.