O grupo Dolmen festexa dez anos de vida cun recoñecemento ós poetas Víctor Campio e José Lage O grupo poético Dolmen vai celebrar mañá no Liceo o seu décimo aniversario cunha homenaxe ó escritor Víctor Campio Pereira, que saca un novo libro, e coa benvida a un xoven valor: José Antonio Lage Martiñán. O acto escomenzará ás oito e cuarto do serán. Víctor acaba de publicar «Perdida luz», escolma de poemas da súa vida e Lage amósase ante o público con «O contador de Bolboretas». Dúas xeracións xunguidas polo arte da lírica baixo o nome dun grupo que alumea o quefacer poético de Ourense.
21 mar 2001 . Actualizado a las 06:00 h.O grupo Dolmen organizaou esta velada literaria para mañá no seu décimo aniversario mantendo viva a necesidade de cantar poéticamente e de que as palabras se convirtan en berros de esperanza, como dí unha das súas responsables, Teresa Devesa. Segundo dí Campio, Marifé Santiago, profesora de instituto, namorouse da pedra de Ourense e quixo aglutinar a unha serie de xente para formar Dolmen, grupo libre, non atado a ningunha corriente determinada. Nel prima a literatura, a poesía e, como aseguran seus membros, non sempre falan deso porque ás veces, falando doutros temas cecais máis espinosos aprenden uns dos outros. O poeta máis veterano de Dolmen é Eduardo Ananín, que estará apoiando a Víctor e a Lage «anque sexa co meu silencio e coa miña persoa». Este home fala da poesía como «síntese de amor, de bagoas, de dor e de tódalas facetas do sentemento do ser humano». Como ben sinala, «se non existiran os poemas, tiña que haber poesía igual. Malia que non se excriba a poesía está na vidados seres porque ven a ser como unha maxia sen definición. ¿Que definición se lle pode dar ó respirar, e á poesía ou á dor? ¿Será a poesía as bagoas e o sorriso da alma?». Todo está, pois, preparado, para festexa-la poesía mañá neste colectivo cultural da cidade que pon da súa parte o toque delicado e sensible en moitas celebracións sendo unha das últimas a entrega da primeira edición do premio Celso Emilio ó poeta portugués Eugenio de Andrade.