La entrevista a Roberto Quiroga López, ex-edil do BNG en A Rúa Roberto Quiroga López abandonou esta semana o cargo como edil do Bloque no Concello de A Rúa tras oito anos en exercicio. Decisión que toma ós seus 38 anos de idade por motivos persoais, co convencemento de ser todos estes anos honrado. Seguirá no mundo da política aportando ós máis novos a súa experiencia.
17 oct 2000 . Actualizado a las 07:00 h.Aínda que a decisión de deixa-lo cargo xa estaba meditada dende hai moito tempo, Roberto Quiroga decidiu que esta tería que ser a semana para facelo. _¿Houbo algunha situación que propiciara a súa marcha nestes días? _Era unha decisión que tiña e que fun madurando pouco a pouco, e estiven buscando o mellor momento para deixalo. A boa disposición do compañeiro seguinte a entrar axudou tamén. _¿Significa esta dimisión o seu alonxamento total da política? _Non, en absoluto. Vou seguir militando e axudando ó compañeiro que entre no que lle faga falta. O que vou a facer é descansar un pouco e adicar o meu tempo a outras cousas. _Se tivese que evaluar estes oitos anos na oposición en A Rúa, ¿como o faría? _Para mín foi moi positiva, aínda que como todo na vida hai momentos gratos e momentos máis duros; estes últimos son recompensados en moitas ocasións. O tempo e a xente o evaluará, pero coido que tentei sempre ser honrado e responsable. A miña base de traballo foi sempre esa, xa que representaba a moitos veciños. A honradez e a responsabilidade son principios que me inculcaron e que levo conmigo. Coido, polo trato que teño cos veciños, que o meu traballo dos últimos anos no Concello, dentro das posibilidades que eu tiña, foi bo.