Moito teatro para o San Cibrao

SUSANA PÉREZ O CARBALLIÑO

OURENSE

SANTI M. AMIL

A asociación cultural Orballo e o Concello de O Carballiño elixiron estas datas para organizar dous festivais Animación na rúa e teatro galego. Os carballiñeses poderán disfrutar no prólogo ás festas patronais de dous festivais, cos que os organizadores pretenden respostar «a unha forte demanda por parte do público». A asociación cultural Orballo retoma un certame con quince anos de antigüedade, no que se poderán coñecer de preto os traballos máis importantes realizados durante o último ano en Galicia. Mentres, o Concello promove a creación dun innovador festival «con vontade de continuidade». As dicrepacias entre ambos colectivos teñen a súa orixe na «sospeitosa coincidencia de datas».

24 ago 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

«A nosa actividade non a controla ninguén e por iso Pachi Vázquez promove iniciativas similares». Así de contundente se amosaba onte a directora do certame, Dina Martínez, na presentación do cartel do FTG. A programación de actividades teatrais de animación na rúa por parte do Concello, tamén no prólogo ó San Cibrao 2000, fai que Martínez, defina este festival «como o da pataleta, porque nestas datas vense celebrando dende fai quince anos o noso certame». O responsable de Cultura, Francisco Rodríguez, quen tamén presentou onte a programación do primeiro festival de teatro na rúa, non quixo terciar na polémica, aínda que sí matizou que «Orballo non fixo ninguha petición económica neste Concello», destacando que o seu departamento «non está en contra desta actividade». Precisamente, a falla deste apoio económico, fai que a organización cultural opte este ano por desenvolver unha carteleira únicamente galega, «porque este é o eixo do traballo desenvolto polo noso colectivo», sen contar na sesión inaugural cun grupo de fóra de Galicia, coma en edicións anteriores. En compensación, os espectadores carballiñeses poderán disfrutar de seis días de teatro galego, entre o 5 e o 10 de setembro. De seguido, 11, 12 e 13 de setembro as compañías Falcatrúa, Alkimia e Samarkanda continuarán coas actividades teatrais, nesta ocasión xa dentro do festival de animación organizado polo Concello de O Carballiño. Rodríguez conta con obter «un importante apoio do público para dar continuidade ó certame».