Rodrigo Romaní e o fillo de Santalices, entre os profesores de esta actividade a desenrolar en setembro Celanova acolleu onte a presentación do curso «Faustino Santalices de música tradicional». Ó acto de presentación asistiron o fillo do propio Faustino Santalices, que reivindicou o legado deixado polo investigador e folclorista para tratar de rescatar do esquecemento a auténtica gaita galega, a zanfona ou os traxes populares galegos. Antonio Mouriño deu a benvida a este tipo de iniciativas culturais.
07 ago 2000 . Actualizado a las 07:00 h.Falou tamén un dos directores do curso, Xosé González Martínez, que tamén se referiu á obra do músico e investigador nado en Bande. Faustino Santalices, musicólogo e folclorista, rescatou a zanfona do seu relegamento ós cegos e ás xentes marxinais do noso pobo «el voltou a facer soar a zanfona para musicar vellas cantigas. Hoxe a zanfona é un instrumento totalmente recuperado. Ésto debémosllo a Faustino Santalices. Pero él tamén loitou pola recuperación da Gaita Galega e do tamboril». Aínda que pareza mentira éstes últimos non gozan de tan boa saúde, especialmente se temos en conta o «escocesamento xeralizado» que tanto se ten extendido polas escolas de gaitas da nosa terra. Este curso está patrocinado polo Banco Pastor, a Fundación Barrié de la Maza, Caixanova, Fundación Caixa Galicia e colabora o Concello de Celanova, que xa ven servindo de sede para os cursos de Verán da Universidade de Vigo nos últimos anos. O prazo de inscripción estará aberto do 20 de xullo ó 15 de Setembro. O ex_Milladoiro Rodrigo Romaní, López Calo ou o fillo de Santalices están entre os ponentes deste curso que se desenrolará en setembro.