«Tratamos de restaura-lo diálogo»

La Voz

OURENSE

JESÚS MANUEL GARCÍA A ENTREVISTA Xulio López Pérez, secretario xeral da Asociación Amigos de la Tierra Este biólogo de 28 anos traballa en Ourense como responsable na provincia do colectivo ecoloxista Amigos de la Tierra e ó mesmo tempo é secretario xeral en España da devandita asociación. Por elo o martes estivo reunido en Madrid co Ministro de Medio Ambiente, Jaume Matas, para traballar en propostas que parece van ser aceptadas.

31 may 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

_¿Que pasou nese encontro? _Foi unha primeira toma de contacto despois da época belixerante da ministra Tocino. O consello asesor do ministerio que había era un guirigai xa que funcionaba moi mal, era inoperativo. Tratamos de restaura-lo diálogo e abrir canles de comunicación directa. _¿Como se comportou o ministro? _Receptivo, interesado en coñece-la asociación Amigos de la Tierra e díxonos que teriamos unha resposta. _Haberá que restaura-lo consello asesor. _Estivemos debatindo o medio máis idóneo e tomarase unha decisión que sexa o máis plural posible. Fixémoslle demandas para a política ambiental do Estado porque España non cumple coas expectativas fixadas nun determinado momento. Non é a única. Pedímoslle ó ministro fixa-la Axenda XXI con programas para un desenvolvemento sostible e a creación dun observatorio dese desenvolvemento. _Vostede é o único directivo a Amigos de la Tierra galego. ¿Falou co ministro de casos concretos de aquí? _Nesta xuntanza non profundizamos moito. O ministro parece que ten interese en colaborar. En dous meses haberá outra reunión na que tamén estará o secretario de Estado. O feito de se-lo único galego servirá para darlle máis eco nacional ás cousas de aquí.