Un nome que o di todo

EMMA ARAÚJO RIBADAVIA

OURENSE

SANTI M. AMIL

Xesús Alonso Montero pechou os actos da primeira semana de lembranza do colectivo cultural ribadaviense Xesús Alonso Montero falou en Ribadavia, e fíxoo para lembrar ós asistentes _que dase a casualidade que eran maioritariamente persoas vencelladas a Abrente_ o que esta asociación cultural foi para a cultura da capital do Ribeiro e tamén para o teatro galego. Despois dunha intervención de Nemesio Barxa e con José Luis Chao, agora vencellado ó Centro de Estudios Medievais, foi Xesús Alonso Montero quen falou da historia de Abrente, da súa importancia para a cultura de Ribadavia e o ambiente previo que crearon co seu traballo e as súas conversas, Rubén García e «Chucho» Sánchez Orriols. A conferencia de Montero foi a guinda dunha tarde moi intensa que comezou ás sete co descubrimento da placa que dende o sábado se pode ver na rúa Progreso no edificio que un día foi sede do colectivo Abrente no corazón da parte nova da capital do Ribeiro.

22 may 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

Xesús Alonso Montero comezou a súa conferencia falando da importancia do nombe de Abrente como sinónimo de mencer. Por iso e polo feito de que sexa unha palabra non utilizada no lugar onde xurdiu a asociación, e das dificultades que seguro que tería o departamento de Gobernación na dictadura para aproba-la súa inscripción no rexistro civil, Montero relaciona a elección do nome co futuro que lle agardaba a aquel grupo de mozos e mozas de RibadaviaGarcía e OrriolsPara comprender a razón que fixo que nacese en Ribadavia unha asociación como Abrente Alonso Montero lembra que naquel entonces, a finais dos anos sesenta, vivía en Ribadavia o médico e historiador Rubén García, quen mantiña con Chucho Sánchez Orriols una intensa amistade e un intercambio de ideas contrarias á dictadura. A este referente cultural engadiu Montero o levantamento dos viticultores do Ribeiro, máis concretamente os de Castrelo de Miño contra Unión Fenosa polo proxecto do embalse do río Miño, o que fixo que en Ribadavia e na súa comarca se plantexaran, no tardofranquismo varios frentes de rebeldía, ainda que no caso de Castrelo de Miño fose unha rebeldía da propia xente máis afín ó poder establecido.Antes da conclusión de que as «cousas non as fai o Espíritu Santo falou Alonso Montero dos tres sacerdotes, os tres curas, como se lles chamaba en Ribadavia que plantexaron dende o púlpito problemas e carencias das xentes da comarca nunha etapa aínda difícil, o que lles levaría á súa dispersión fora de Ribadavia.Tra-la historia do xermen de Abrente, Alonso Montero, moi vencellado á asociación centrouse na súa charla na actividade principal que levou a cabo a asociación: teatro, máis concretamente teatro galego e dos debates e conversas que xurdían na sede da asociación ó remate as representacións.Como «observador do feito ribadaviense» _así se definiu Alonso Montero na charla da Casa de Cultura_ falou tamén das dificultades que tivo a asociación para sobrevivir na vila, ó existir «un muro de pedra e hostilidade» que separaba a Abrente de gan parte dos veciños de Ribadavia, sinalando que nese camiño quedan moitas mostras de teatro galego, que logo derivarían na Mostra Internacional de Teatro que organiza Rubén García, fillo dese Don Rubén ó que tanto nombrou Alonso Montero na súa charla.ContinuidadeDespois da historia e o legado de Abrente, a charla organizada polos antiguos membros desta asociación derivou, debido ó discurso do propio Alonso Montero, da necesidade de que en Ribadavia se produza una continuidade co traballo que hai trinta anos comezou a facer ese grupo de xente nova que hoxe segue en moitos casos vivindo en Ribadavia.Nesa reflexión, Alonso Montero, que aproveitou a súa estancia en Ribadavia para insistir no seu marxismo, plantexou a necesidade de movementos culturais como Abrente, nunha sociedade que vive «a dictadura dos medios de comunicación, na que se sabe todo do Deportivo e de Rociíto, pero non se fala do problema da próxima desertización da Amazonia».