Humanización da asistencia ao parto e posparto
Hai dous anos que din a luz, pero neste tempo non se tiveron avances na implantación do contacto pel con pel entre nai e neonato en todos os partos, malia a validación internacional deste procedemento polos seus beneficios para ambos.
No 2024 din a luz no Hospital Materno Infantil da Coruña. Naquel momento xa era consciente de que a humanización da asistencia ao parto e posparto non era un enfoque habitual nos hospitais galegos. «Todo depende da sorte que teñas con quen te atenda», dicíanme sempre as mulleres que xa foran nais. Pois ben, despois de vivir a experiencia en primeira persoa sei que iso é unha verdade moi pesada á que as nais debemos facer fronte. No momento no que rompes augas e te plantas no hospital, o teu corpo deixa de ser teu e as túas decisións deixan de ser túas. Unha realidade que chega cando as mulleres estamos nun momento de máxima debilidade e atordamento.
Cando eu din a luz debín ter pouca sorte. As salas de parto estaban cheas, todas as mulleres compartiamos habitación e o persoal estaba totalmente ausente pola carga de traballo que tiña. Era o meu primeiro parto e tiña máis preguntas ca respostas, ademais de moito medo. Sen embargo, o que atopei foi falta de empatía e frialdade, moitas presas, nada de información e escaseza de recursos. Recordo pasar o período de dilatación nunha habitación sen espazo para moverme e compartida cunha muller que xa tiña ó seu neno en brazos, un total despropósito.
O parto foi moi longo, demasiado. Paseino practicamente soa e con moi pouca información do que ocorría. As horas pasaban e eu xa non sabía o que era normal e o que non. Despois de case un día enteiro, unha xinecóloga veu á miña sala de parto. Puxo o ecógrafo portátil sobre a miña barriga e dixo: «Este neno non vai saír, ten que ser cesárea». Como non era unha cesárea programada, eu sabía que, aínda que nin eu nin o meu fillo tivésemos ningunha complicación, nos separarían durante horas mentres eu quedaba en reanimación. Unha práctica totalmente antinatural e que pode considerarse cruel. Non recordo pasar tanto pánico en toda a miña vida, xa que non estaba preparada para enfrontarme a aquilo. Finalmente, aínda que xa soa en quirófano, conseguín que o neno nacese mediante un parto instrumentado. Este matiz salvounos a ambos dunha separación que nos danaría física e emocionalmente.
Xa naquel momento, nos hospitais galegos se anunciaba a implantación do contacto pel con pel ininterrompido en todas as cesáreas, exceptuando as que supuxesen un risco para a nai ou o neonato. Pois ben, este 2026 darei a luz de novo e, tras moito rebuscar e insistir para que me desen a información, atópome con que todo segue igual. En cada hospital séguense uns protocolos distintos e o que é peor: cada profesional decide que protocolos seguir. Entre tanto, todas as mulleres que rematan dando a luz nunha cesárea non programada son separadas dos seus nenos ós poucos minutos de nacer, co shock hormonal e psicolóxico que isto deixa. Unha pegada ben fonda nos dereitos das mulleres. Dous anos despois, o medo segue aí á hora de enfrontarme ó parto, só que agora xa non é medo ó descoñecido. Xiana Vázquez Formoso. Culleredo.
El Consejo de Estado y las pensiones
Anteayer se publicó el dictamen del Consejo de Estado de fecha 15 de enero del 2026 sobre la revalorización de las pensiones. El máximo órgano consultivo de Pedro Sánchez destaca una importante anomalía procedimental, que llama la atención del Consejo porque ya se le advirtió hace un año. También corrige lo que considera un «descuido» del Gobierno en la revalorización de las pensiones.
El citado dictamen me ha traído a la memoria otro del año 2022 en el que el Consejo de Estado, al estudiar una regularización de inmigrantes, reparó en una cuestión que calificaba de «seria». Y es que el Ministerio del Interior se oponía rotundamente a la regularización masiva, por dos razones: porque sería muy difícil de explicar a nuestros socios europeos y —ojo— porque tendría un evidente efecto llamada a las mafias. Es curioso que esta semana, con el mismo ministro al frente de Interior, el señor Marlaska apoye la regularización que propone Sánchez. José Luis Gardón.
Servicio de atención a domicilio en Miño
Usuarios del servicio a domicilio de Miño estamos indignados —yo, como cuidadora de una persona dependiente en grado III— y nos sentimos desamparados por la empresa concesionaria de dicho servicio. Nos han reducido las horas de estadía, no contestan al teléfono y cuando lo hacen es de malas formas. Las auxiliares que vienen lo hacen a toda prisa y eso no ayuda al usuario. ¿Qué podemos hacer? ¿Quién ampara a quién? S. P. F. Miño.
Red social o ferroviaria, ¿cuál importa más?
Resulta difícil no percibir la creciente disonancia entre la intensa presencia del ministro Óscar Puente en las redes sociales y la situación real de la red ferroviaria. Mientras sus mensajes, réplicas y vídeos se multiplican en las plataformas digitales, los usuarios asistimos a incidencias recurrentes, retrasos y averías que evidencian carencias en el mantenimiento y la gestión de unas infraestructuras esenciales.
Las redes sociales pueden ser una herramienta útil de comunicación institucional, pero no deberían convertirse en un fin en sí mismas, ni sustituir el trabajo silencioso y constante que exige garantizar un servicio ferroviario seguro, puntual y fiable. Cada hora invertida en la autopromoción virtual es una oportunidad perdida para reforzar la planificación, la inversión y la supervisión técnica que el ferrocarril necesita.
Los ciudadanos no demandamos tuits ingeniosos ni polémicas online; pedimos trenes que funcionen, información clara ante las incidencias y una red ferroviaria a la altura de un país moderno. Quizá haya llegado el momento de bajar el volumen digital y subir el compromiso con los raíles. Claudina Garbajal. Ribadavia.
Abandono da atención primaria no Courel
Profunda preocupación polo que está a sufrir O Courel: a precariedade e descoido do servizo sanitario por parte da Administración. O Concello de Folgoso do Courel dispón dun centro medico na localidade de Folgoso e un consultorio no lugar de Seoane. Cada vez que o facultativo exerce algún dos seus dereitos lexítimos, ben sexa vacacións ou permisos, non se cubre o posto, coa agravante que a praza de Seoane está vacante, o que contribúe aínda mais o debilitamento do servizo. Matilde Arza.
«Papá, ven en tren»
Aquel anuncio prometía seguridad y regreso. Hoy esa promesa yace rota entre vías que no resistieron más abandono. Lo ocurrido en Adamuz no fue un accidente inevitable. Fue la consecuencia directa de la desidia, del mantenimiento insuficiente y de una red ferroviaria llevada más allá de sus límites reales. Desde hace años existen advertencias técnicas sobre el desgaste de vías y soldaduras en tramos de alta exigencia. No eran rumores ni ideología: eran datos. Quince segundos bastaron. No fue mala suerte, fue negligencia. Juan Lojo. A Coruña.