Un conto de Vargas Llosa

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

Óscar Ortiz | EUROPAPRESS

20 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

En decembro de 2022, Isabel Preysler anunciaba na revista ¡Hola! a ruptura con Vargas Llosa: «Mario e eu decidimos poñer fin á nosa relación definitivamente». Conviviran desde 2015 a 2022 no chalé dela. Na prensa do corazón fixéronse mil conxecturas sobre as causas da ruptura: os celos do escritor que ela se fartou de aguantar; que non casase con ela; que ao final se impuxo o cansazo e apenas coincidían…

En outubro de 2021, Vargas Llosa publicou na revista Letras Libres o conto Los polvos, un relato en primeira persoa, cuxo protagonista é un vello que padece demencia senil. O seu trazo máis característico é que bota peidos continuamente. Ten un único amigo, Osorio, co que pasea e discute. Un día pérdese, vaga por Madrid, buscando o camiño de volta á súa casa mentres evoca episodios da súa vida: «De Carmencita, a miña muller por moitos anos, acórdome moi ben. Todas as noites, parece mentira, desde que cometín a tolemia de abandonala, penso nela e asáltanme os remorsos. Creo que unha soa cousa fixen mal: abandonar a Carmencita por unha muller que non valía a pena (…) xa me esquecín do nome daquela muller. Nunca a quixen (…). Foi un namoramento violento e pasaxeiro, unha desas tolemias que rebentan unha vida. Por facer o que fixen, a miña vida rebentouse e xa nunca fun feliz». Vargas Llosa afirmou publicamente que, se o prezo para estar coa muller que amaba (Isabel) era soportar os programas do corazón, pagábao. E ao mesmo tempo, escribía Los polvos.

Tras a separación, o escritor volveu coa súa ex esposa Patricia Llosa á casa familiar onde residiu ata a súa morte. Negou reiteradamente que no conto referísese a persoas reais. Críao sinceramente. Trátase dun problema literario do que falarei no meu próximo artigo