«Só para manterse no poder, decidiu arrincar ao pobo a súa voz soberana»

OPINIÓN

24 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Amnistía: o pobo e quen máis ordena

O termo amnistía non aparece na Constitución, nin se di nela que constitúa unha competencia do poder lexislativo. Di en cambio a Constitución que a soberanía reside no pobo. Temos entón que unha mini maioría de membros do Congreso dos deputados pretende arrincar unha competencia ao pobo soberano. Un pobo que pode exercer perfectamente esa competencia, mediante dous sistemas: directamente por votación en referendo (todo o pobo, non só o dunha comunidade autónoma), ou indirectamente, cun respaldo extraordinario moi maioritario dos seus representantes políticos, como aconteceu coas dúas micro reformas da Constitución dos anos 1992 (332 síes) e 2011 (316 síes). Pero un partido, seguindo ao seu líder, contradicindo o que dixera aos electores, só para manterse no poder decidiu arrincar ao pobo a súa voz soberana, silencialo, vencelo. Todo está claro e só falta poñerlle nome: que termo utilizar cando un grupo de persoas movidas pola cobiza impóñense ao pobo e retíranlle a posibilidade de exercer a súa soberanía? Henrique Salas Ellacuriaga.