Ucraína, nin unha manifestación
Absolutamente vergoñenta e historicamente patética é a resposta que as sociedades occidentais están dando a unha agresión brutal, militarista e anunciada a un estado soberano no ano 2022. A desculpa: situación étnico-territorial de opresión de minorías por parte dun estado opresor. A mellor solución: a intervención dun estado defensor desas minorías. As sociedades occidentais levan desde os anos 50 do século pasado denunciando atropelos de dereitos humanos de todo tipo, tomando posición abertamente contra institucións ou alianzas militares ás que pertencen, manifestándose de xeito multitudinario contra guerras que se consideraban inxustas. Onde están agora? Os colectivos sociais, as organización sindicais, os partidos políticos tan vixiantes e acusadores da agresividade occidental? Que representa Putin e Rusia no seu imaxinario ideolóxico? Acaso Ucraína merece o castigo? Nin unha manifestación convocada nin unha pancarta en ningún Concello. Estamos como coellos, paralizados e escondidos na súa tobeira mentres o lobo marca o seu territorio. Uxío García.
Ley y derechos
Cuánta hipocresía política hay. Las leyes que aprueban los políticos y gobernantes permiten que los bancos hagan lo que les plazca, incluidas cobrar comisiones abusivas. Los derechos de los ciudadanos se garantizan con leyes y no con mociones estériles de propaganda partidista con las que intentan blanquear decisiones. Esas medidas solo benefician al poder económico de los de siempre. Basta ya de tanta tontería y de buenas intenciones. Si quieren cambiar y ejercer derechos, cambien la legislación vigente. Dejen de tomarnos por idiotas. Enrique Lorenzo Rial.