Suscríbete 1 año y te regalamos 140 días gratis
Quiero la oferta

Felicitacións, sorpresa e erro

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

RAG

01 nov 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Felicitacións aos organizadores e patrocinadores do Congreso Internacional sobre Pardo Bazán celebrado na Coruña e Santiago os días 25 - 29 de outubro: Real Academia Galega, Universidade de Santiago , Concello dá Cultura Galega, Xunta de Galicia, Deputación e Concello da Coruña. O resultado da súa colaboración foi un mellores congresos que lembro na miña vida académica. A universalidade de Pardo Bazán viuse reflectida nos participantes que estudan a súa obra desde moi diversas partes do mundo. O Museo de Bellas Artes sumouse á celebración do Centenario cunha exposición na que puidemos admirar retratos de dona Emilia do pintor Joaquín Vaamonde. No Quiosco Alfonso da Coruña poderá verse ata decembro a exposición que estivo na Biblioteca Nacional, unha magnifica mostra con libros, manuscritos, fotos, debuxos e cadros que ofrecen novas perspectivas sobre a vida e a obra da autora galega. A sorpresa foi ver reproducidos sobre as paredes da sala, e traducidos ao galego, comentarios sobre dona Emilia procedentes de documentos escritos por Menéndez Pelayo, Valera, Clarín e outros autores. A miña opinión, compartida por outros congresistas, é que daría unha imaxe máis exacta da realidade na que se viviu Pardo Bazán respectar o idioma en que se escribiron, o castelán, un idioma que calquera galego entende. Cónstame que a RAG non foi consultada sobre ese punto.

E falando de erros , rectifico o que cometín nun artigo anterior. O nome da investigadora galega é Vitoria Álvarez Ruiz de Ojeda , e non Vitoria Álvarez de Toledo. As miñas desculpas polo lapsus.