Unidos na defensa da automoción galega

Francisco Conde VICEPRESIDENTE SEGUNDO E CONSELLEIRO DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

OPINIÓN

M.MORALEJO

01 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

En 2014, a fábrica de PSA (agora Stellantis) en Vigo logrou facerse coa produción da súa actual serie de vehículos comerciais lixeiros; o bautizado como proxecto K9, composto por modelos como o Citroën Berlingo e a Peugeot Partner, aos que logo se uniron o Opel Combo e o Toyota Proace City. Un éxito que naceu da nosa capacidade para demostrar que Galicia podía e sabía competir desde a innovación e o saber facer das súas empresas e profesionais.

Este logro -apoiado sen fisuras pola Xunta de Galicia- permitiu entón garantir un futuro prometedor para a nosa industria da automoción durante a seguinte década. O punto de inflexión que explica por que Balaídos puido por primeira vez en 2020 facturar por riba dos 10.000 millóns de euros, ou que o emprego directo rozase os 25.000 traballadores.

É certo que a crise dos microchips e unha equivocada política enerxética do Goberno -coa súa teima aos vehículos diésel e a súa negativa a que Vigo conte coa subestación eléctrica que precisa para evitar os cortes de luz que alteran a cadea de produción- están a xerar inestabilidade neste sector estratéxico da nosa economía.