Quen coida de nós


Hai 40 anos entrei na consulta do oftalmólogo por primeira vez. Meus pais pensaban que a súa pequena, case un bebé, sufría estrabismo. Outro oculista (de moita sona) dixéralles que tiñan que terse preocupado antes da saúda da filla. Podía ser irreversible! Asustados por como se alporizara, pediron unha segunda opinión. Así foi como acabamos na consulta do doutor García Dornelas. Saín de alí coa prescrición de usar lentes. Tamén para meu pai, pois o que eu tiña era astigmatismo. De quen o herda? Preguntara. De ninguén! E detectoullo a papá. Contaba eu dous anos. Usaría lentes de por vida. Son un sinal de identidade. Amais diso, levei parche nun ollo. Puiden recuperar capacidade de visión!

García Dornelas foi quen me coidou os ollos ata hai uns días. Xubilouse! Non é que non o mereza, pero deume tanta mágoa... Porque a vida tamén é isto, as lembranzas e os momentos que marcan o noso devir.

As miñas primeiras lentes foron unhas de pasta marrón, grosas, feas. As que había! El chamáballe «gafitas» e sempre me pareceron estupendas. Seguiu a nosa evolución como persoas. Cando alguén da familia ía a consulta, preguntaba polos demais. Quizais non o coñezan, mais facilitoume a vida e deume tranquilidade. Aconselloume no uso de lentes de contacto, de posibles operacións... sempre con tranquilidade e profesionalidade. Vou botar de menos a súa consulta e esa querenza polos pacientes que vai máis alá do deber. Sempre é tempo de agradecer a quen coida de nós.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Quen coida de nós