Á deriva en valores


Cando o meu avó comezou a perder a memoria, oprimíame o peito o medo a que non me recoñecese. Entraba pola porta da casa e saudaba, avisando da miña presenza. Cando se poñía a rir ao oír, facíame feliz. Unha vez dixo: a ela recoñézoa xa pola voz. E déronme máis ganas de chorar.

Os anciáns son a nosa razón de ser. Se estamos aquí é grazas a eles, os que pasaron polo mundo antes.

O meu avó coidaba do meu sono cando era pequena. Sentaba ao pé da cama pendente da evolución da febre. Xogaba comigo. Falaba. Confioume a súa memoria.

O noso deber, como persoas, é coidalos. E ese deber convértese en obriga inescusable cando as persoas maiores ingresan en residencias para velar polo seu coidado.

Veño de ver unhas imaxes arrepiantes na televisión. Anciáns amarrados con cordas ás cadeiras nas que están sentados. Outros, deitados no chan. Quizais caeron e non hai quen lles bote unha man. Algúns aparecen arremuiñados no bordo da cama, indefensos, temerosos.

Non digo que traballar nun lugar así sexa sinxelo. A min causaríame un desgaste emocional inmenso, pero tamén me daría moitísimas satisfaccións. Con todo, unha vez que decidimos, ou aceptamos, realizar un traballo, non podemos menos ca ser profesionais. Iso para comezar. E logo, como se di de xeito coloquial, persoas. E a humanidade debera distinguirse, cando menos, polo respecto.

Suponse que estamos nun tempo de reflexión, solidariedade, agradecemento... Imos a peor. Moi a peor. Asústame a deriva que toma a sociedade. E vai veloz

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
8 votos
Comentarios

Á deriva en valores