Que difícil é vivir


Que difícil se nos pon vivir, verdade? Quitáronnos moita vida social. Xa non podemos quedar, nin no exterior dun bar, a falar cos amigos, a desafogarnos do noso día, a protestar por todo iso que saíu do revés, a contarlles o que nos arrincou o sorriso nesta semana porque queremos que se contaxien e así poder repetilo. Que difícil para os nenos tamén, que xa non van ao parque ou, se o fan, están limitados.

Subirse ao bambán da vida debera ser iso, deixarse mexer pendurados dunha corda que sabemos que xamais romperá, sentindo o aire na cara, o peso das pernas colgando, a vertixe na boca do estómago. Gozar e temer a partes iguais, pero sabendo que imos aterrar en chan firme. Xa non estamos afeitos ás incertezas. Por iso, agora é unha desgraza esta pandemia da covid que nos cortou as plumas das ás.

Que difícil, cando realmente temos todo, cando aínda nos quedan todos os soños por diante, practicamente intactos.

Que llo digan aos pais de David, un neno a quen lle gustan os debuxos animados e os autobuses de dous pisos. E a quen non? De pequena era unha festa cando conseguía velos moverse pola rúa. Pois iso, David é un neno que ilumina o mundo co seu sorriso, o motor do universo dos seus pais. O matiz é que David non pode falar. Impídello unha lesión cerebral. Na casa inventaron un código para poder comunicarse, téñenlle unha cadeira con rodas para que se desprace e viaxe, e os seus brazos para apertalo, protexelo, acariñalo e achegalo a onde precise.

Diríase que non hai imposibles... pero, oh! Non hai profesor que axude á súa integración nun centro escolar. Eles si poderían dicir iso de que difícil é vivir. Así que deixemos de queixarnos a todas horas por cousas menores.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos
Comentarios

Que difícil é vivir