Podo tocarche un pe?

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

FLICKR / ARMANDO SUREZ CUETO

01 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Ccontoumo unha amiga que pasa moitas tardes co seu neto de seis anos xogando e lendo libros. Separáronse durante o estado de alarma e volvéronse reunir ao terminar, con máscaras e cada un nun extremo dun sofá de tres prazas. Ao cabo dun intre de lectura, o neno dixo: «Avoa, podo tocarche un pé?». Ela asentiu e renovou a lectura. O neto acariñoulle primeiro o pé e despois a perna e díxolle: «Sabes, avoa? Entendo mellor o que me les cando te toco».

Unha idea básica da psicoloxía pediátrica é que o contacto físico afectivo na primeira infancia é fundamental para o normal desenvolvemento do cerebro, e que a súa carencia provoca deficiencias ás veces irreversibles tanto mentais como psicolóxicas. Na miña mocidade estudei Psicoloxía Clínica na Escola de San Bernardo, e mantiven ao longo dos anos o interese polo tema. Por iso doulle voltas ás consecuencias que poida ter a distancia social en nenos moi pequenos.

Nunha ocasión substituín a unha amiga durante un mes nunha clase de parvuliños. A clase era de francés e a miña amiga díxome: «Non importa que non aprendan novas palabras, pero déixalles que se che boten encima e que che conten toda clase de historias». E así o fixen. Paseime o mes acariñando nenas e nenos de seis anos e escoitando os seus problèmes. O único que aprenderon foi a canción de Frère Jacques, pero víaselles felices.

Sen dúbida, as medidas de protección contra o covid-19 son necesarias no curso que está a piques de comezar, pero non podo evitar o temor ás consecuencias negativas que vai ter o non poder tocar o pé á profe.