Ciencia galega contra o covid


A Real Academia Galega de Ciencias vén de premiar vinte grupos de investigación que loitamos contra o covid-19. A cerimonia foi unha boa oportunidade para ver o pulo do tecido investigador galego dende diferentes frontes: detección precoz de restos de coronavirus en augas residuais, modelización matemática, desenvolvemento de vacinas, biomedicina, métodos de diagnose e traballos de desactivación do virus. Alí había dende xente que intentamos predicir como serán as futuras curvas de infectados, ata outra que fabricou miles de litros de hidroxeles cando o país quedou sen eles nos peores momentos da crise. 

Doulles un par de datos para ilustrar ese pulo: dos once proxectos españois que están traballando na vacina, tres son de grupos da universidade galega; ademais, dos estudos xenéticos postos en marcha nesta crise para averiguar por que o coronavirus é inocuo para unhas persoas e letal para outras, o de maior tamaño no mundo é coordinado por un galego, Ángel Carracedo. As boas ideas seguen aparecendo: por exemplo, a dun grupo madrileño para estimar canto dura a inmunidade que ten unha persoa contra o coronavirus logo de ter superada a enfermidade. Pensaron que, se esa inmunidade durase tan só uns poucos días, as curvas de afectados por covid diferirían moito das observadas no caso de que durase moito tempo. Tras realizar uns cálculos cos datos de mortalidade de Nova York, acaban de concluír que a evolución da pandemia nesa cidade implica que o tempo de inmunidade debe andar entre os catro e os sete meses.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
10 votos
Comentarios

Ciencia galega contra o covid