Conciencia da nosa vulnerabilidade

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

MABEL RODRIGUEZ

24 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

¿Que nos está pasando?

Os primeiros humanos vivían nun mundo hostil no que a sobreviviencia parecía imposible. Non tiñan envergadura corporal, nin garras, nin cornos, nin grandes dentes afiados, nin unha pel dura e forte. E tampouco podían fuxir con gran rapidez. Pero tiñan algo do que carecían os outros seres que compartían con eles o planeta Terra: un cerebro capaz de resolver con rapidez os problemas. Algo que hoxe chamamos intelixencia.

A intelixencia permitiulles sobrevivir e deulles confianza para atravesar séculos de vida moi dura. Ata que chegou o tempo dos grandes descubrimentos, e o ser humano sentiu que podía dominar a Terra. Con esa seguridade lanzouse a empresas sobrehumanas: púxolle diques ao mar e portas ao campo; creou aparellos marabillosos cos que podía voar, e cos que podía ver e oír o que pasaba noutra parte e noutro tempo, e tamén falar con quen estaba a miles de quilómetros. Chegamos á Lúa. E conseguimos ver o invisible. Puxemos a enerxía dos átomos ao noso servizo, e derrotamos as bacterias con antibióticos, e os virus con vacinas e medicamentos.

E agora un parente doutros virus derrotados acurrálanos, encérranos nas nosas casas, detén as nosas fábricas, os nosos avións, mata aos nosos seres queridos… E de súpeto recobramos o que perderamos co correr dos séculos: a conciencia da nosa vulnerabilidade.

A Humanidade enfróntase ao maior reto de toda a súa historia. Loitamos durante séculos contra a natureza e contra seres que comparten con nós o planeta desde o comezo dos tempos. Quizá chegou o momento de pactar…