Atrás


Escoiteino na sesión de control do Parlamento. Onte. «No va a quedar nadie atrás». A frase orixinal é de Pablo Iglesias, pero Pedro Sánchez xa a tomou como súa e, como unha ladaíña misericordiosa pasea as bocas dos ministros. «No va a quedar nadie atrás». Dito isto, engaden: «como suceció con el Gobierno de Rajoy», ou frase similar. Nunca sinalan que os recortes que tivo que acometer Rajoy foron consecuencia da política nefasta de Rodríguez Zapatero, que chegou ao Goberno cun paro do 11,5 % e deixou o país cun 21, 3 % de desemprego. Tamén deixou a sanidade pública cun burato de 16.000 millóns de euros, algo que tampouco engaden os membros do Goberno cando repiten «no va a quedar nadie atrás». Gustaríame aplaudir con vehemencia este acopio de solidariedade porque eu tampouco quero que ninguén quede atrás. E agradecería tamén, para que ninguén quede atrás, que recorten as súas dadivosas nóminas. Este mes, por exemplo, a desaparecida Carmen Calvo ingresará 5.570,79 euros polos servizos prestados. Pero «no va a quedar nadie atrás». Esta frase chegoume onte á mañá despois de escoitar que en Verín, onde vivo, Cáritas dispón de carros para que a xente leve comida para os necesitados. Din os de Cáritas (e outras organizacións solidarias) que hai moita xente que, en contra das palabras do Goberno, está quedando atrás. Xente que sofre as consecuencias atroces desta desgraza sanitaria, que agora vai ser desastre humanitario e económico. Moitos autónomos están xa na ruína e non poderán abrir os seus negocios. As nóminas das empresas foron rebaixadas. Os ERTE non se cobran coa celeridade precisa. Pero escoitamos «no va a quedar nadie atrás». Atrás estanos quedando a vida. Moi atrás.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
53 votos
Comentarios

Atrás