Mensaxes supostamente optimistas


través dos medios de comunicación difúndense algunhas mensaxes que teñen a boa intención, supoño, de elevar o ánimo do persoal. Unha é a de «este virus lo paramos unidos». Dada a evidente desunión que se viu no Goberno desde os primeiros momentos, a descarada forma de saltar a corentena dalgún dos seus membros, o sálvase o que poida das comunidades autónomas e a postura dos distintos partidos a mensaxe pasou enseguida de pouco convincente a francamente irritante.

Outras mensaxes queren transmitirnos, con distintas expresións, a seguridade de que sairemos desta. Agradécese, pero é obvio que todo o que empeza acaba, así que antes ou despois sairemos, ou, mellor dito, sairán os que non se quedaron no camiño. O problema está en como será ese futuro. Tamén se dicía que sairamos da crise financeira mundial do 2008, pero vaia saída: hai que ver como quedamos, nin sombra do que fomos antes desa data.

E hai mensaxes que aseguran que seremos mellores cando isto acabe, pero da adversidade non sempre se sae polo mellor camiño. O inocente Lazarillo de Tormes aprendeu enseguida que «me cumple avivar el ojo y avisar, pues solo soy, y pensar cómo me sepa valer». Desde aquela, a súa seguridade e o seu interese foron os seus únicos valores. Oxalá que o exemplo de solidariedade e de sacrificio dos que están deixando a pel por vencer o virus sexa o que se impoña nese futuro incerto. Ese, e non o das nacións que pechan as súas fronteiras e que se disputan a golpe de diñeiro máscaras e respiradores. O tempo o dirá.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
30 votos
Comentarios

Mensaxes supostamente optimistas