A solidariedade que serve

OPINIÓN

No disponible

02 abr 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai algo que creo non curarán nin todos os coronavirus da historia: a soberbia.

Os humanos somos moi arrogantes. Nin sequera nestes tempos de circunstancias especiais somos quen de abaixar a cabeza. Non é que se nos vaia esquecer a lección en pouco tempo, é que non a estamos aprendendo.

Saben? Estoulles moi agradecida a todos os que son solidarios neste tempo. Á xente da cultura, como non, por encher as redes e, porén, as casas, de beleza. Pero déixenme que lles diga unha cousa: facemos moitísimas cousas de balde ao longo do ano, isto non é novidade. Tamén aos que seguen a traballar, expoñéndose á pandemia, por manternos a salvo aos demais. Grazas. Nunca serán suficientes.

Hai outros solidarios, coma os ricos. Empresas que non despiden empregados, que manteñen o soldo pese a non traballar, tamén quen perdoa o aluguer a auga ou a luz... xente dona de empresas, actores e actrices, deportistas... que doan cartos ou mercan produtos de primeira necesidade nestes momentos para repartir. E isto tamén conta. Debemos ser agradecidos.

Si, xa sei o que van dicir. Que pagan pouco aos empregados, que se os mínimos impostos, que se podían facer máis... Claro que si. Sen intención de desculpalos, fan o que as leis lles permiten. Todos podiamos dar máis. Todos. Eles, cada un de vostedes e eu mesma. Pero se unha protección que faga chegar algún destes ricos salva unha vida, que queren!, ben podiamos darlle as grazas.

Non somos máis ca ninguén para decidir que solidariedade é válida e cal non.