COVID-19 entre amigos


Teño demostrado ter moitos amigos, de onte e de hoxe. E souben mantelos. Son moitos os amigos que me aturan e que eu aturei, cousa pouco común, e por tanto tempo...

Dito isto, chegaron de todas partes de Galicia e aínda de fóra dela, mostras de simpatía, manifestacións de solidariedade de xente da cultura e de mulleres e homes que pouco teñen que ver con ela.

Debo recoñecer que este suposto non é común nun país onde non se escriben cartas (e aínda menos se contestan), onde non se lembran fitos, onde pasa o tempo case como sen non pasase.

Pero o que máis me emocionou foi recibir chamadas de amizades e coñecidos da miña terra, amosando o máximo interese pola miña saúde e a da miña xente.

Nunca esquecerei os dous Rogelios amigos, que teñen moita máis cultura ca moitos que leron libros pero forman parte dun mundo túzaro. As súas chamadas, saídas desde moi dentro, déronme alento, paz e sosego.

A amizade é cultura. Xa dixera Cicerón que nisi in bonis amicitian esse non posse (só a amizade é posible entre os bos). O cultivo da mente e das formas ábrenos á cultura, como dixo Josep Pla: «Coñezo moitos homes que leron moitos libros e son incultos, e moitos outros que non leron ningún e son moi cultos».

A cultura, ao cabo, é unha riqueza, unha fermosura que nos mellora e que nos fai verdadeiros humanos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
25 votos
Comentarios

COVID-19 entre amigos