Todas as tardes ás oito asomámonos ás xanelas para aplaudir. Primeiro foi aos membros da Sanidade, e posteriormente fóronse engadindo aplausos a outros colectivos que están a axudar a superar esta crise provocada polo coronavirus. O presidente da nación sumouse a esa homenaxe dando as grazas no seu discurso a unha longa lista de colectivos: condutores de camións de repartición e de transportes públicos, bombeiros, caixeiras de supermercado… en fin, unha lista larguísima da que botei en falta ao primeiro colectivo que lle plantou cara ao virus: os avós. Esas persoas de máis de 60 anos, o grupo de maior risco, que desde o primeiro momento, valente e silenciosamente, mantivéronse na primeira liña de combarte, dicindo cando se pecharon os colexios: aquí estamos nós para facernos cargo dos nenos.

Nada os fixo retroceder: nin as alarmantes noticias do número de mortos, que nos primeiros días eran só de anciáns, nin as posteriores estatísticas que demostran, sen dúbida, que son un grupo de alto risco; nin cando se soubo que os nenos é o colectivo que transmite con máis facilidade o virus e o que menos o sofre; nin sequera entón deron un paso atrás.

A partir do estado de alarma, os pais e as nais que poden traballar en casa separaron aos nenos dos avós. E agora moitos se quedaron sós, máis sós que nunca. Que os nosos aplausos sexan tamén para todas esas persoas tan xenerosas, tan valentes e tan inxustamente esquecidas nas homenaxes.

Os avós e as avoas son, seguen sendo, pais e nais. Non o esquezamos; eles están demostrando con seu sacrificio que o teñen moi presente.

 

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
36 votos
Comentarios

Homenaxe aos avós