Soleimani, Rommel e Yamamoto


asasinato do xeneral Soleimani fai lembrar que a práctica de destruír figuras militares senlleiras é vella. Xa en 1941 o alto mando británico decidiu dar caza a Rommel logo que comezou a mostrar as súas artes de Raposo do Deserto. Os intentos seguiron ata que en 1944, na Normandía, unha ducia de avións aliados saíu á súa procura e un deles acertou no coche do mariscal, quen resultou gravemente ferido. En 1943 xa fora cazado Yamamoto a voar entre illas do Pacífico: mensaxes de radio captadas e descifradas polos servizos de información americanos conduciron a que un bando de cazas derrubasen o bombardeiro en que viaxaba o almirante.

En ambos os casos antigos, pilotos afoutos xogaron a vida para daren morte a un -admiradísimo- inimigo. Mais no ocorrido no Iraq quen dirixiu a máquina asasina, grande e cara, estaba moi lonxe do albo a atacar. Os planificadores do ataque optaron por esa solución, como poderían ter optado pola dun enxame de drons pequenos e baratos con base próxima e instrumentos de matar moi precisos.

No mundo (mormente na China) fabrícase unha grande variedade de vehículos aéreos non tripulados, algúns deseñados para burlaren medidas de protección cando actúan en grupo. Suponse que a CIA e o FBI sábeno, e que advirten a Pompeo e Trump do perigo que corren as súas vidas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Soleimani, Rommel e Yamamoto