Supercopa de valores

Cristina Pato
Cristina Pato A ARTE DA INQUEDANZA

OPINIÓN

Jesús Hellín

10 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A verdade é que non son moito de deportes. Non é que me sinta orgullosa de non selo, simplemente a vida non me levou por ese camiño. O caso é que nestes últimos meses teño un ollo posto na Supercopa. Dende que no outono anunciaran que a ían levar para Arabia Saudita, pensei que iso non podería ser posible, que algunha organización internacional ía facerlles entender que non todo se merca con cartos. Pero non foi así. Todo seguiu cara adiante, e Luis Rubiales, o presidente da Real Federación Española de Fútbol, foi capaz de argumentar a súa decisión e facela realidade. Lembro as declaracións da grande futbolista galega Vero Boquete nas que calificaba a decisión da RFEF coma «un erro grave», e creo que decidín seguir o fío grazas a ela.

Se non fora porque hai unha muller coma Boquete rachando polo mundo adiante e falando abertamente da situación, probablemente eu nunca chegaría a interesarme pola nova (o poder da representación!). Pois de xeito natural vou ás novas de contido social e cultural, do mesmo xeito que o meu pai ía directo ás necrolóxicas. O macroplan «Vision 2030» de Arabia Saudita inclúe reformas no eido económico, administrativo e social e, segundo a súa web, pretende «construír un país próspero no que tódolos seus cidadáns poidan cumprir os seus sonos, esperanzas e ambicións».

Eles saben que os deportes, ao igual que as artes, son ferramentas esenciais para colocar esa mensaxe no mundo. E saben que os cartos tamén mercan esquecemento, e fan que as novas que veñen de alí xa non sexan sobre dereitos humanos e inxustizas, senón sobre fútbol e macroconcertos. E é que por desgraza, o meu sector está cometendo exactamente o mesmo «erro grave»...