Otro batacazo para Feijoo

Gonzalo Caballero
Gonzalo Caballero PSDEG-PSOE

OPINIÓN

11 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O PS volveu gañar de forma clara as eleccións xerais en España, a considerable distancia da segunda forza política, que nin consegue achegarse aos cen deputados no Congreso. En Galicia, os socialistas tiñamos seis deputados a principios de ano e nas eleccións de abril acadamos un resultado histórico, conseguindo gañar por primeira vez na historia de Galicia ao PP e logrando dez parlamentarios. Onte, cun nivel de participación inferior ao que nos gustaría, no PSdeG mantemos eses dez representantes no Congreso e empatamos co PP.

A maioría social progresista que se evidenciou nas eleccións xerais de abril e nas municipais e europeas de maio volveu plasmarse onte con meridiana claridade. En Galicia, a suma das dúas dereitas coa extrema dereita acadou o 44% dos votos en abril e volveu quedar onte nese nivel de apoio. O transvase de Ciudadanos cara Vox e o PP explica a grandes rasgos o escenario político das dereitas.

As forzas progresistas lideradas polo PSdeG superaron en máis de 130.000 votos ao bloque das dereitas coa extrema dereita. Galicia aporta 13 deputados progresistas ao Congreso fronte aos 10 das dereitas. O voto urbano, o voto das mulleres, o voto dos mozos e cada vez máis o dos pequenos concellos e o rural amosan unha nova realidade social. Unha maioría de progreso que illa a Feijoo e que marca un novo tempo político. Galicia quere gañar o seu futuro. Os galegos pechan o capítulo de Feijoo e empezan a definir unha nova etapa.